Concellaría do Persoal

Atribúenselle a esta área as funcións de planificación, organización e xestión no que respecta a dota-la Administración local do persoal necesario e adecuado para a prestación duns servizos municipais que atendan dunha maneira eficaz as necesidades e expectativas da veciñanza do termo municipal. Deste xeito, o dito departamento comprende a contratación e promoción de empregados/as, a consecución dunha prestación eficiente e de calidade dos servizos públicos, as relacións sindicais e a xestión das incidencias e necesidades dentro do organigrama municipal.