Concellaría do Réxime Interior

Ocúpase do funcionamento interno do Concello no que respecta á xestión administrativa dos acordos municipais e expedientes da corporación. Entre as súas competencias atópanse a documentación relativa á constitución da corporación, os decretos e resolucións da Alcaldía ou as actas de plenos e xuntas de goberno. Impulsa tamén a organización e métodos de xestión municipal buscando a eficacia e eficiencia, polo cal coordina os departamentos que integran a Administración local, tanto os que atenden directamente a poboación coma os que efectúan xestións internas.