Concellaría do Urbanismo
O labor principal deste departamento é a elaboración de proxectos, dirección e execución de obras de iniciativa pública e control e supervisión daquelas de carácter privado; ademais de se encargar da ordenación territorial, da planificación urbanística e da análise de iniciativas. Asume tamén a tramitación de licenzas, a disciplina urbanística e información no que respecta a esta materia. Procura, polo tanto, unha ordenación das edificacións e espazos do municipio acorde co marco normativo, así como a dotación e mellora das infraestruturas e equipamentos municipais. Atópase estreitamente ligada coa Concellaría das Obras.