Concellaría dos Deportes

As funcións esenciais deste departamento son fomentar e promociona-lo desenvolvemento das actividades físico-deportivas a través da programación deportiva anual e implicando as asociacións municipais; canalizar e promove-los deportes escolares e das persoas afeccionadas; xestiona-la utilización das instalacións deportivas municipais e procura-la súa conservación; realizar programas deportivos continuados; colaborar na organización de eventos deportivos; cooperar e coordinar coas entidades deportivas locais o uso de instalacións deportivas municipais e a organización das súas actividades; e asesorar en materia deportiva.