Concellaría dos Servizos Municipais

Dirixe e planifica os servizos municipais básicos. Ocúpase así da adecuación e mantemento de lugares e mobiliario públicos de todo o termo municipal: dos alumeamentos, da limpeza viaria, da xardinaría, das actuacións de melloras e arranxos en espazos públicos etcétera. Neste senso, mantén unha relación directa coa veciñanza na atención das demandas que están presentes nas materias xa indicadas. Tamén presta apoio loxístico na realización de actividades das demais concellarías, tanto no referido a recursos materiais coma humanos, a través do persoal adscrito a este departamento.