Concellaría dos Servizos Sociais

Esta área achega á cidadanía programas e recursos de acción social que tratan de dar resposta ás necesidades e problemáticas que xorden no día a día. O Servizo de Axuda no Fogar presta un apoio domiciliario que axuda as persoas maiores a realizaren as actividades cotiás e melloraren a súa autonomía persoal; o Programa de Inclusión Social achega recursos a persoas en situación de vulnerabilidade para a súa integración social e laboral, dirección na cal tamén camiña o Programa de Educación Familiar, traballando con familias en risco de exclusión social. Ademais, promove o programa Vacacións en paz, o voluntariado social e colabora co Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.