Últimas Novas

Conferencia de SIRO, Siro López, arredor de D. Ramón del Valle-Inclán

Conferencia de SIRO, Siro López, arredor de D. Ramón del Valle-Inclán

0 comments

Este mércores, 5 de outubro, a partir das 20:30 h., o artista, comunicador e xornalista SIRO, Siro López Lorenzo, pronunciará a conferencia “VALLE-INCLÁN como modelo”, a que será ilustrada por imaxes proxectadas da arte galega de caricatura. Será no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

SIRO, rendido admirador de D. Ramón del Valle-Inclán é autor de centos de iconas para a prensa gráfica galega e española inspiradas nas creacións literarias e, sobre todo, na figura do escritor arousá. O seu xenio, as súas longas barbas, os seus quevedos, a súa expresividade, son elementos característicos para definir a imaxe clásica de quen foi a pluma e a voz titora da Xeración do 98, etapa literaria fértil en personalidades xeniais.

Precisamente é no Barbanza onde podemos admirar a colección de iconas valleinclanianas máis completa existente en institucións públicas do país, a serie “Valle-Inclán: retratos, caricaturas e visións”, doada polo polifacético artista ferrolá a este Museo. Coa voz da experiencia propia, como artista plástico orientado ao xornalismo e a divulgación de grandes valores culturais de Galicia, a intervención de SIRO non esquecerá de ilustrarnos sobre a nómina de magníficos artistas que o precederon e adoptaron como modelo a ilustre figura do Fillo Adoptivo da vila do Caramiñal.

Con esta actividade darase inicio ao programa de actos conmemorativo do 150º Aniversario de Valle-Inclán. Efeméride que se celebrará nas vilas valleinclanianas galegas grazas ao patrocinio da Secretaría Xeral de Cultura – Xunta de Galicia.

 

siro-jpeg

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.