Últimas Novas

Continúa dispoñíbel o documento de solicitude para a participación na compostaxe doméstica

Continúa dispoñíbel o documento de solicitude para a participación na compostaxe doméstica

Neste 2020 implantaranse por vez primeira no concello da Pobra do Caramiñal composteiros domésticos e comunitarios. Neste senso, seleccionaranse 50 vivendas para a instalación de composteiros domésticos (tomándose a parroquia do Xobre como punto de partida deste proxecto piloto, pero sen ser excluínte para outros lugares) e 3 espazos públicos para os comunitarios.

En canto á veciñanza do Xobre que desexe participar de xeito voluntario, a presentación de solicitudes deberase formalizar a través do rexistro, preferibelmente, o telemático. O documento de solicitude é o seguinte.

Por outra banda, a cidadanía que así o desexe poderá requiri-la súa participación na compostaxe comunitaria (especialmente dirixida a quen vive en pisos ou casas sen terreo) e o proceso será semellante ó caso dos domésticos. Por cuestións organizativas, este documento de solicitude estará dispoñíbel posteriormente e comunicaráselle á cidadanía cando así sexa.