Últimas Novas

Continúan as obras de ampliación do refuxio para animais

Continúan as obras de ampliación do refuxio para animais

Despois de que en 2018 finalizase a construción dun refuxio para animais abandonados, o Concello da Pobra do Caramiñal, a través da Concellaría do Benestar Animal, emprendeu neste ano a ampliación do inmoble, situado no polígono da Tomada, para así dar unha mellor resposta aos abandonos que se producen.

Ata alí desprazáronse onte o alcalde Xosé Lois Piñeiro e a concelleira do Benestar Animal, Estefanía Ramos, para ver de primeira man a evolución das obras. A ampliación comprende 186’45 metros cadrados, divididos en oficina, baño, espazo para animais que chegaron recentemente, área de corentena e patio exterior.

A dita actuación está sendo executada por Excavaciones Nima e comporta un investimento de 45.586’22 euros, enmarcándose nunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental, da Consellaría do Medio Rural da Xunta.

Así mesmo, está previsto que as obras rematen a finais deste mes e proxéctase nun futuro acondiciona-lo exterior e realizar un peche perimetral. O rexedor e a edil tamén expresaron o seu agradecemento á Protectora Moura e á Protección Civil polo seu labor.