Últimas Novas

18 e 19 de outubro: continúan os actos do I Ciclo Victoriano García Martí no Museo Valle-Inclán

18 e 19 de outubro: continúan os actos do I Ciclo Victoriano García Martí no Museo Valle-Inclán

     No seo do I Ciclo Victoriano García Martí, teremos máis conferencias sobre o dito intelectual da Pobra do Caramiñal no Museo Valle-Inclán:

venres 18 de outubro de 2019, Arantxa Fuentes Ríos, doutora na Teoría da Literatura e Literatura Comparada, dará unha conferencia ás 20.30 h e agasallarase as persoas asistentes cun exemplar do seu libro sobre a obra xornalística de Victoriano García Martí;

sábado, 19 de outubro, tamén ás 20.30 h contaremos coa presenza da relatora Encarna Otero Cepeda, quen nos explicará a relación do dito escritor pobrense co feminismo.