Últimas Novas

PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA POLO COVID-19

PRESTACIÓN DE SERVIZOS NO CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL DURANTE O ESTADO DE ALARMA POLO COVID-19

            Os servizos municipais estarán pechados ó público. A comunicación co Concello débese realizar de forma telemática a través do correo electrónico ou da sede electrónica municipal (https://apobra.sedelectronica.es) ou vía telefónica a través dos teléfonos:

 

  • Concello: 981 84 32 80

 

  • Policía local: 981 84 33 60 (móbil 607 467 374)

 

  • Servizos Sociais: 981 83 27 64

A atención presencial só se realizará en casos de urxencia nos cales ademais non exista outra alternativa, sempre trala solicitude previa da persoa interesada feita telefonicamente e trala valoración da necesidade e urxencia polo servizo correspondente, en horario de 9:00 h a 14:00 h agás nos servizos con horarios específicos.

Os Servizos Sociais municipais, dado o seu carácter asistencial, quedarán suxeitos no desenvolvemento do seu traballo ós protocolos estabelecidos polos/as responsábeis da área, facilitando sempre que se poida o teletraballo ó persoal empregado público que presta servizo nestes departamentos.

A Policía local e a Agrupación de Voluntarios/as da Protección Civil continuarán coa prestación dos respectivos servizos de xeito ordinario, que poderán ser reforzados cando a situación o requira.

Quedan suspendidos e interrompidos os prazos dos procedementos administrativos e de presentación de documentación así como os prazos de prescrición e caducidade.

Máis información sobre atención cidadá http://apobra.gal/covid-19/