Últimas Novas

“CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA”

“CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA”

MOFA E BEFA

 “CRANIOS PRIVILEXIADOS OU CRÍTICA DA RAZÓN PERRALLEIRA”

Domingo 11 de novembro, ás 19.00 h. no Teatro Elma

Elenco: Josito Porto y Víctor Mosqueira

Dirección: Quico Cadaval

O argumento presenta a Mofa e Befa nun momento de crise existencial que deciden superar comendo, como manda a tradición perralleira. Para iso organizan unha merenda de resonancias platónicas debaixo dunha ponte, onde a alianza entre a desesperación e a sobriedade dos alimentos, provoca un febril momento de ascetismo. As alucinacións sucédense e a obrigada reflexión sobre o absurdo da existencia, o confuso devir do mundo ou a natureza ferinte do amor, vese salpicada pola aparición de filósofos, seres mitológicos, antigos personaxes do propio repertorio, e outras presenzas enigmáticas máis ou menos actuais, que acompañan e comprometen a tentativa desesperada de Mofa e Befa por aprender a pensar.

Talvez nesta sucesión vertixinosa de situacións e personaxes, reducido o diálogo filosófico á maltratada comparsa da vontade cómica, as grandes preguntas queden sen resposta, talvez os límites da razón perralleira sexan tan estreitos que esta apenas sexa quen de comprender minimamente a realidade. Con todo, a intención é só a de entretener ao público coas filigranas e peripecias do pensamento abstracto, mesmo se iso aboca ao fracaso máis estrepitoso. Aceptar o fracaso, non é só a secreta ambición da filosofía senón tamén a premisa de vida de todo pallaso. E diso é do que se trata.

Entrada de balde ata completar aforo.