Últimas Novas

CULTURACTIVA   SÉNIOR

CULTURACTIVA SÉNIOR

DOMINGOS DE TEATRO

Domingo 18 de novembro, ás 19.00 h no teatro Elma

Culturactiva SCG presenta Sénior, un espectáculo cómico sobre a crise dos 50, cos coñecidos e populares actores Luís Igrexa e Marcos Orsi como protagonistas, e dirixida por Avelino González.

Unha reflexión en clave de humor sobre a chegada ás portas da terceira idade. Cando se abandona a madurez e se comeza a ser sénior? Igrexa e Orsi rin de si mesmos cun texto enxeñoso de creación propia. Ducias de preguntas que este espectáculo non resolverá, pero que son a escusa perfecta para pasarmos un momento entretido en compañía de Luís Igrexa e Marcos Orsi.

Entrada de balde ata se enche-lo local

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.