Últimas Novas

CURSO OFICIAL DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

CURSO OFICIAL DE MONITOR DE TEMPO LIBRE

Hoxe ábrese o prazo para inscribirse no CURSO OFICIAL DE MONITOR/A DE TEMPO LIBRE que se vai impartir no noso Concello dende o 30 de marzo ao 3 de xuño.
Este curso está homologado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

O obxectivo deste curso é que as persoas maiores de idade (con certificado de EXB, ESO, FP ou equivalente) acaden a titulación oficial homologada de monitor/a de actividades de tempo libre para que así poidan traballar en campamentos, ludotecas, empresas de lecer, concellos etc.

Ademais os inscritos teñen a posibilidade de facer os cursos de manipulador de alimentos e de monitor de transporte escolar de maneira gratuíta.

Se estás interesado/a en inscribirte pasa por as oficinas de Deportes, chama ao 981832590-981831545 (de luns a venres de 9:30 a 14:30h) ou envía un correo electrónico a: deportes@apobra.gal