Últimas Novas

CURSOS DE MANIPULADOR/A-APLICADOR/A DE PRODUTOS FITOSANITARIOS

CURSOS DE MANIPULADOR/A-APLICADOR/A DE PRODUTOS FITOSANITARIOS

0 comments

A Consellería de Medio Rural acaba de sacar unha convocatoria de axudas (Orde do 2 de setembro de 2016), para a impartición de cursos de manipulador/a-aplicador/a de produtos fitosanitarios (nivel básico), sen ningún tipo de custe para o alumnado.

Os cursos de nivel básico teñen unha duración de 25 horas presenciais, e realizaranse previsiblemente en fins de semana de novembro. As datas e días concretos poderán variar en función da data de Resolución das axudas.

A formación impartirase en varias localidades de A Coruña e Pontevedra. A localidade concreta dependerá do lugar de residencia das persoas interesadas coa finalidade de evitar desprazamentos.

As persoas interesadas nesta formación poden informarse nos teléfonos 881 987 813 / 698 140 203 ou no correo info@arestoraconsultores.com.

 

14715518_910364745760129_1920464167960036213_o

No Comments so far

Jump into a conversation

No Comments Yet!

You can be the one to start a conversation.

Your data will be safe!Your e-mail address will not be published. Also other data will not be shared with third person.