Últimas Novas

DEPORTES 27 Xuño, 2016

A Concellaría dos Deportes ten como funcións esenciais as seguintes:

  • fomentar  e promove-lo desenvolvemento das actividades  físico-deportivas no  Concello da Pobra do Caramiñal, a través da programación deportiva anual e implicando  as asociacións municipais
  • canalizar e fomenta-los deportes escolares e de persoas afeccionadas
  • coordinar e xestiona-la utilización das instalación deportivas  municipais,  así como  procura-lo seu mantemento e conservación
  • realización de programas deportivos continuados para a poboación en xeral
  • colaboración na organización de eventos deportivos
  • colaborar e coordinar  coas entidades deportivas locais tanto o uso de instalacións deportivas municipais coma a organización das súas actividades
  • asesoramento á cidadanía en xeral e ás entidades en materia deportiva

 

Correo electrónico: deportes@apobra.gal