Últimas Novas

Desactivado o escenario da seca prolongada

Desactivado o escenario da seca prolongada

24 Xaneiro, 2023

A Xunta de Galicia informa da desactivación do escenario de seca prolongada en tódalas Unidades Territoriais trala evolución constatada nas reunións da Oficina Técnica da Seca (OTS) e nos informes de seguimento que reflexan a mellora dos indicadores.

A dita medida tomárase en toda a Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa no verán do 2022 ao rexistrarse uns valores hidrolóxicos inferiores aos normais de forma continuada.