Últimas Novas

Dispoñible o documento de solicitude para a participación na segunda quenda da compostaxe doméstica

Dispoñible o documento de solicitude para a participación na segunda quenda da compostaxe doméstica

Dende a Concellaría do Medio Ambiente da Pobra do Caramiñal repartiranse outros 50 novos composteiros domésticos para lle dar así continuidade ó proxecto da compostaxe no termo municipal impulsado co obxectivo de reduci-lo peso da fracción do resto, recollida nos contedores verdes.

As persoas interesadas en participar xa poden formaliza-la súa solicitude a través do rexistro, preferibelmente o telemático. Calquera dúbida será resolta polo Departamento do Medio Ambiente. O documento de solicitude é o seguinte.