Últimas Novas

Distribución de entradas para as misas exteriores do Nazareno na praza Alcalde Segundo Durán

Distribución de entradas para as misas exteriores do Nazareno na praza Alcalde Segundo Durán

A festividade do Nazareno contará no domingo 20 coa celebración de tres misas na praza Alcalde Segundo Durán (ás 10.00, 11.30 e 13.15 horas).

Para quen desexe asistir fisicamente, o acceso á praza será mediante unha entrada con código QR. Estes tíckets distribuiranse a través do enderezo electrónico nazarenoentradas2020@gmail.com, no propio Concello e tamén haberá unha persoa voluntaria da Protección Civil, quen as repartirá á saída da novena da igrexa de Santiago do Deán.

Será preciso facilita-lo nome, os apelidos e o número de teléfono, ademais de especificar a que misa se asistirá das que se desenvolverán no exterior. O obxectivo é non supera-lo límite e ter un rexistro de quen está en todo momento no lugar.