Últimas Novas

Domingo 1 de setembro, ROMARÍA DO CENTENARIO da homenaxe popular a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal

Domingo 1 de setembro, ROMARÍA DO CENTENARIO da homenaxe popular a Valle-Inclán na Pobra do Caramiñal

  Este próximo domingo, 1 de setembro de 2019, será sempre moi lembrado porque A Pobra do Caramiñal recibirá a visita do seu ilustre cidadán, o famoso escritor don Ramón del Valle-Inclán, quen virá en persoa acompañado da súa familia e amizades, para ser recibido con tódolos honores no Concello da Pobra do Caramiñal pola corporación municipal e maila veciñanza da nosa vila,  e unírense nunha grande e divertida festa, con diversas actividades para tódolos públicos, que durarán dende a mañá ata a noitiña.

Valle-Inclán visitará a nosa localidade para revivi-la romaría popular que hai xa un século (1919) o pobo da Pobra do Caramiñal organizara no seu honor, cun xantar no monte da Curota. E desta volta tamén subiremos de novo ata A Curota para outro xantar colectivo no Miradoiro de Valle-Inclán, pero nesta ocasión iremos nun autobús gratuíto para tódalas persoas que se anoten no Museo Valle-Inclán (ata as 20 h de sábado 31 de agosto) ou ben no teléfono 671 09 02 62 ata o propio domingo 1 de setembro antes da subida ó miradoiro.

 

Hora Actividade Lugar
11:15 Encontro das persoas participantes no itinerario comentado pola Pobra do Caramiñal contemporánea de Valle-Inclán

 

Cantón da Leña
11:30 Itinerario guiado pola ruta biográfica e literaria de Valle-Inclán, con intervencións espontáneas de actrices e actores caracterizados de Valle-Inclán, García Martí e Josefina Blanco

 

Centro da vila
12:00 Apertura do mercado tradicional Cantón da Leña
12:30 Animación polas prazas da localidade a cargo do Grupo Tradicional Arume de Boiro, as pandeireteiras de Lumieira e Tanxedoira, e Borja Insua como o “Bululú”, intérprete da ficción “Juan Quinto”

 

Centro da vila
13:15 Recibimento protocolario de Valle-Inclán e séquito na casa consistorial; ó remate irán cara ó Cantón da Leña Consistorio
13:30 Último pase da romaría itinerante a cargo do  Grupo Tradicional Arume de Boiro, Lumieira, Tanxedoira e o “Bululú” Cantón da Leña
14:30 Peche do mercado tradicional

Traslados de público ó Miradoiro de Valle-Inclán

Pantalán
15:00 Xantar campestre no Miradoiro de Valle-Inclán, onde haberá unha polbeira e divertimentos Miradoiro de Valle-Inclán
16:30 Sobremesa con música, cantos e bailes tradicionais a cargo dos grupos Trécola, Caraveiros, Escola de baile e pandeireta Caramiñas e A.C. Arrancadeira. Foto conmemorativa da romaxe de 2019
Miradoiro de Valle-Inclán
18:30 Traslados de público de volta á vila

 Reapertura do mercado tradicional

Cantón da Leña
19:30 Pasarrúas infantil a cargo das agrupacións A.C. Arrancadeira e Escola de baile e pandeireta Caramiñas Centro da vila
20:15 Contacontos:  “Malpocado!”, curta valleinclaniana, por Mariló Ríos Cantón da Leña
20:30 Obradoiro de baile por Luís Prego para as máis pequenas/os: “Xogos e cantares de onte para os rapaces de hoxe”

Obradoiro de baile por Luís Prego para tódolos públicos: “Bótalle un punto na festa”

Cantón da Leña
22:30 Concerto dos Faíscas da Pontraga Cantón da Leña
23:45 Fin de festa. Queimada Cantón da Leña

 

(Podes descarga-lo programa completo en PDF.)

Programa actos festivos centenario da homenaxe a Valle-Inclán