Últimas Novas

8 Abril, 2016

A Concellaría da Cultura ocúpase das diferentes actividades culturais e de ocio que se realizan durante todo o ano no noso concello, cunha programación ampla e variada, na cal teñen cabida diversas disciplinas como a música, o teatro, a animación de rúa, o cine, o baile, os xogos populares…

Un dos obxectivos é a de tentar dinamiza-la actividade creativa e cultural da vila, así como ofrecer á súa xente a posibilidade de participar das xornadas lúdicas que se organizan tanto como receptora coma partícipe activa delas.

A dita Área organiza tamén a programación da sala de exposicións, ademais de ocuparse de xestiona-lo uso e préstamo das outras instalacións culturais (auditorios, teatro-cine, locais de ensaio, etcétera).

 

Correo electrónico: cultura@apobra.gal