Últimas Novas

Efectuadas as tarefas de mantemento puntual no céspede artificial de Cadreche

Efectuadas as tarefas de mantemento puntual no céspede artificial de Cadreche

O céspede artificial do campo de fútbol de Cadreche foi obxecto de traballos de mantemento puntual, tal e como informa a Concellaría dos Deportes da Pobra do Caramiñal, enmarcándose esta actuación nas deseñadas para a mellora das instalacións deportivas no segundo semestre do ano. Preténdese así ofrecerlles aos usuarios e usuarias unhas mellores condicións para o desenvolvemento da súa actividade.

A dita intervención foi executada por Jardinería Arce e comporta un investimento de 4.585’90 euros, IVE incluído.

O proxecto supuxo o mantemento do céspede artificial, consistente na limpeza da superficie mediante a aspiración do infill con verti-top, na descompactación do caucho con verti-groom, na cepilladura da fibra con verti-brush e no acabamento coa esteira, na inspección de liñas e xuntas, ademais de aplicar herbicidas para a retirada de malas herbas. Tamén se efectuou a subministración de caucho negro para, deseguido, estendelo para o recheo do céspede artificial mediante a carga, así como cunha recebadora específica acoplada a un tractor.