Últimas Novas

Entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso <i>A nosa pegada no Nadal</i>

Entrega dos premios ás persoas gañadoras do concurso A nosa pegada no Nadal

As persoas gañadoras do certame de relato curto en lingua galega e debuxo A nosa pegada no Nadal recibiron hoxe os seus premios, os cales consisten en cadanseus dous vales de 30 euros para consumiren en diferentes estabelecementos da vila. Así mesmo, tódalas persoas participantes recibirán un diploma como recoñecemento ó seu labor e esforzo. A entrega realizouse no consistorio de xeito individual e sen público por mor da situación sanitaria derivada da COVID-19.

Tal e como se estabelecía nas bases, outorgáronse un total de oito distincións (unha por categoría). Na modalidade de relato curto: de 7 a 9 anos (participante 305); de 10 a 12 (participante 351); de 13 a 15 (participante 401); e a partir de 16 (participante 451). Por outra banda, na modalidade de debuxo: de 3 a 6 anos (concursante 107); de 7 a 10 (concursante 159); de 11 a 15 (concursante 206); e a partir de 16 (concursante 253). A valoración dos relatos foi feita integramente polos 5 membros do xurado e a dos debuxos contou tamén cun 50% dos ‘gústame’ que recibiron no perfil do Facebook de Arrancadeira Pobra.

O dito concurso convocárono a asociación Arrancadeira e mailo Concello da Pobra do Caramiñal -a través da Concellaría da Normalización Lingüística, da cal é titular o edil Xabier Santos (BNG), e do Servizo de Normalización Lingüística municipal (SNL)-.