Últimas Novas

ENTROIDO ESPERPÉNTICO

ENTROIDO ESPERPÉNTICO

Queres descubri-lo Entroido máis innovador do ano? Prepárate para asistires ó Entroido Esperpéntico de Valle-Inclán, o cal terá lugar no próximo 2 de marzo na praza do Cantón da Leña, na Pobra do Caramiñal.

Transformaremos esta praza coa axuda da obra de Valle-Inclán e voltaremos atrás no tempo ata 1930. Este foi o ano en que se publicou a sua triloxía “Martes de Carnaval”. E bailaremos ó son da banda The Swinging Flamingos ata a fin da festa para revivírmo-lo esperpento.

Polo día teremos sesión vermú, taller infantil de máscaras esperpénticas, animación infantil con xogos populares, actuación de Os Monicreques de Kukas co espectáculo O Encoro Enmeigado e máis sorpresas.

Animámosvos a tod@s a poñerdes roupas dos anos trinta e virdes bailar na verbena que comezará ás 19.30 horas no Cantón da Leña.