BIBLIOTECA MUNICIPAL DA POBRA DO CARAMIÑAL
A biblioteca pública municipal Victoriano García Martí presta os seus servizos na Pobra do Caramiñal dende 1989 e o seu principal obxectivo é favorece-lo hábito da lectura, así como dar resposta ás necesidades de formación, información, ocio e cultura de tódolos veciños e veciñas.
Actualmente contamos cunha colección de máis de 26 000 libros, así como cunha subscrición a 12 revistas e recibimos 5 periódicos. Tamén contamos cunha importante colección de DVD e CD. Ademais é de destaca-la importante colección de cómics, con máis de 900 títulos.
Entre os servizos que se poden encontrar están
- consulta e lectura en sala
- préstamo ó domicilio (bibliográfico, sonoro e audiovisual)
- préstamo de libro electrónico
- préstamo interbibliotecario
- sección infantil e xuvenil
- información bibliográfica
- servizo de atención ó domicilio para persoas enfermas residentes na localidade
- servizo Wi-Fi
- ordenadores con conexión á Internet
A colección é de libre acceso e os servizos da biblioteca son gratuítos.
No caso de achares en falta algún título, admitimos suxestións para novas adquisicións.
Cada trimestre publicamos un boletín con novos títulos comprados.
Pódesnos seguir no Facebook: https://bit.ly/2e4uDnm
Dende o ano 2008 estamos no Catálogo colectivo da Rede de Bibliotecas Públicas galegas. Podes consulta-la páxina da biblioteca e o seu catálogo nesta ligazón:
https://bit.ly/2cVvdPh
Ademais, tódalas persoas socias da biblioteca poden utiliza-la plataforma galega e de León, onde hai acceso ó préstamo de libros dixitais, tanto en galego coma en castelán, e que se poden baixar directamente ó e-book, táboa dixital ou ordenador. Aquí está a ligazón:
https://bit.ly/2dvVjvl
Horario de inverno de luns a sábado:
Mañá: de 10 a 13.30 hTarde: de 16.00 a 20.00 horas
Horario de verán (dende 16 de xuño a 16 de setembro) de luns a sábado:
Mañá: de 08.00 a 14.00 horas
Teléfono: 981 831633
Enderezo: r/Castelao, 25, 2.º, A Pobra do Caramiñal