«Polo Camiño, contos da feira», sábado 19 de decembro de 2020 no Elma ás 19 h

«Polo Camiño, contos da feira», sábado 19 de decembro de 2020 no Elma ás 19 h

«Polo Camiño, contos da feira», sábado 19 de decembro de 2020 no Elma ás 19 h

10 diciembre, 2020

Sábado 19 de decembro de 2020, ás 19.00 horas, no teatro cine Elma

Trátase dunha proposta escénica para a cal se empregan monicreques de luva e de táboa e que se basea na tradición oral galega e mais noutras literaturas populares para narra-la historia dunha feira na cal conflúen seis personaxes que, cos seus contos e cantos, fan voa-la imaxinación do público: a fotógrafa minuteira, o fistor, Pepa a Loba, Pepa das Mulas, o vendedor de tarabelas e a posticeira. Adscríbese ó programa FalaRedes 2020, da Rede de Dinamización Lingüística, da Xunta, á cal o Concello da Pobra do Caramiñal pertence dende 2019, por medio do seu Servizo de Normalización Lingüística municipal.

A actividade é de balde e apta para tódolos públicos. Seguiranse as medidas implantadas por mor da COVID-19, polo cal se aconsella a reserva previa da entrada a través do teléfono de contacto 676 666 263, ben sexa chamando ou por whatsapp. A fin do prazo da inscrición é ás 16.00 horas do propio día do evento.