Sábado 19/09/2020: última viaxe do veleiro Mascato desde A Pobra do Caramiñal: «Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla»

Sábado 19/09/2020: última viaxe do veleiro Mascato desde A Pobra do Caramiñal: «Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla»

Sábado 19/09/2020: última viaxe do veleiro Mascato desde A Pobra do Caramiñal: «Ruta Xacobea do Mar da Arousa e Río Ulla»

Cada viaxe en veleiro dispón de 10 prazas, polo cal constitúe unha excursión personalizada en que o patrón ofrece a explicación e as persoas pasaxeiras teñen a oportunidade de formula-las súas preguntas ou expoñer dúbidas. Estas navegacións efectúanse cada sábado e domingo deste mes de setembro, e a do vindeiro sábado 19 será a derradeira oportunidade para gozar desta experiencia. As saídas están previstas para as 11.00 horas e establécese o regreso para as 18.00 horas. Durante a navegación, as persoas pasaxeiras terán a oportunidade de divisa-las fachadas marítimas dos concellos, as illas e formacións pétreas que figuran nas cartas náuticas, así como o único viacrucis marítimo que existe. Ademais, efectuarase unha parada en Vilagarcía de Arousa.

Máis de 100 persoas xa participaron nesta proposta na tempada baixa entre 2019 e o presente ano 2020, ademais das máis de 300 que participaron nas que organiza o propio Concello na tempada alta; esta última acción adscríbese á potenciación do turismo náutico.

O propósito é a posta en valor da relación existente entre A Pobra, en concreto, e a ría da Arousa, en xeral, co Xacobeo e a Translatio.

As inscricións pódense formalizar no enderezo electrónico turismo@apobra.gal ou no teléfono de contacto 671 090 262. O prezo estipúlase en 12 euros para persoas adultas e 8 euros para nenos e nenas ata 12 anos. O pagamento efectúase por unha transferencia bancaria.