Últimas Novas

ESPAZOS DAS FAMILIAS

ESPAZOS DAS FAMILIAS

O Concello da Pobra do Caramiñal ofrece ás familias con nenas e nenos menores de tres anos, a posibilidade do encontro e intercambio con outras familias e cun profesional da educación, co fin de que poñan en valor o seu importante papel como educadoras.

Estes encontros denominados Espazos das Familias teñen como fin que os pais e as nais, conten cun lugar onde compartir, debater e reflexionar sobre a experiencia da crianza dos nenos e nenas.

É un espazo de Formación de Pais, que se xuntará cada semana dende o mes de novembro ata xuño para compartir experiencias e facer actividades para acadar o mellor desenvolvemento dos seus fillos e fillas.

Para anotarse poden chamar ás oficinas de Servizos Sociais 981 832764 – Ext. 3 ou ben facelo de maneira presencial.