Últimas Novas

Estado de alarma, información actualizada, venres 22 de maio: A Pobra do Caramiñal non entra nas medidas de flexibilización publicadas hoxe polo Goberno

Estado de alarma, información actualizada, venres 22 de maio: A Pobra do Caramiñal non entra nas medidas de flexibilización publicadas hoxe polo Goberno

Información importante, venres 22 de maio de 2020

As medidas de flexibilización das restricións para movementos da cidadanía e posibilidade de apertura dos espazos interiores de estabelecementos hostaleiros non afectan o noso concello.

Son para poboacións inferiores a 10 000 habitantes, criterio que si cumpre o noso municipio; pero débese cumprir un segundo criterio, que é o da densidade de poboación, que debe ser inferior a 100 habitantes por km2 e o noso concello supera amplamente ese límite.

Polo tanto, as medidas de flexibilización publicadas no BOE de hoxe, 22 de maio de 2020, non afectan o concello da Pobra do Caramiñal.

Pódese consulta-la orde íntegra do Ministerio de Sanidade que publicamos a seguir:

BOE 22 de maio de 2020