Últimas Novas

EXPOSICIÓN “LIBERTAS” DE OLEGARIO SAMPEDRO

EXPOSICIÓN “LIBERTAS” DE OLEGARIO SAMPEDRO

Inauguración 6 de abril, ás 20:00 horas, na Casa de Cultura, Raquel  Fernández Soler, do Concello da Pobra do Caramiñal.

 

Este  proxecto artístico-literario  e pedagóxico  ten como obxectivo difundir os dereitos humanos e en especial o dereito á liberdade de expresión. Está  promovido polo PEN Internacional, PEN Galicia e o IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira).

 

Esta exposición artística homenaxea os casos de sete autores de distintas nacionalidades aos que se lles conculcou este dereito fundamental (Federico García Lorca, Liu Xiaobo, Orham Pamuk, Xosé Luís Méndez Ferrín, Susana Chávez, Jude Dibia e Liu Xiaobo).

 

Libertas permanecerá en Pobra durante todo o mes de abril, de luns a venres en horario de mañá e tarde. Os martes e xoves ás 19:00 haberá visitas guiadas á mesma. Tamén se ofrece a posibilidade de concertar visitas guiadas e didácticas para grupos de adultos e escolares, chamando ao teléfono 981 831 545