Últimas Novas

“Feminismo a pé de rúa” sábado 30 de novembro ás 16.30 h no mercado municipal da Pobra, para nenos/as de 6 a 12 anos

“Feminismo a pé de rúa” sábado 30 de novembro ás 16.30 h no mercado municipal da Pobra, para nenos/as de 6 a 12 anos

       Neste sábado, 30 de novembro de 2019, ás 16.30 h no mercado municipal da Pobra, realizaranse uns obradoiros de igualdade para nenos e nenas entre 6 e 12 anos, organizados pola ABAS (Asociación Barbancesa de Axuda e Solidariedade) e mailo Concello da Pobra do Caramiñal.

Dáse así continuidade á serie de actividades programadas no seo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Non os perdades!