Últimas Novas

Finalizadas as obras na escola da Angustia

Finalizadas as obras na escola da Angustia

7 Xaneiro, 2021

A Concellaría da Educación da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), informa de que concluíron as obras de mellora e acondicionamento das aulas situadas na planta baixa da escola da educación infantil da Angustia.

A referida actuación consistiu na colocación dun illamento térmico no perímetro da edificación e nun tradosado con cartón-xeso, na renovación da carpintaría interior, nunha nova instalación eléctrica e na colocación de vinilo no chan. A obra foi adxudicada á empresa CYS Hispania S.L. e o importe ascendeu a 22 660’90 euros (cunha rebaixa de 2 732’32 euros sobre o prezo de licitación) con cargo aos orzamentos municipais.

No transcurso da intervención, o primeiro andar do edificio, o cal acolle o centro social, adecuouse para o desenvolvemento das clases para os/as 12 escolares. Unha vez se proceda coa limpeza dos espazos e o traslado do mobiliario, volverán ás súas aulas habituais.