Últimas Novas

FORMACIÓN UNIVERSITARIA PARA MAIORES DE 50 ANOS. IV CICLO. CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA

FORMACIÓN UNIVERSITARIA PARA MAIORES DE 50 ANOS. IV CICLO. CAMIÑOS DE COÑECEMENTO E EXPERIENCIA

O obxectivo principal deste programa é favorecer a democratización do coñecemento; potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos, con accións específicas que se concretan en tres obxectivos específicos:

  • Revalorización e profundización do valor do noso patrimonio
  • Concienciación e aprendizaxe da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas.
  • Recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias.
  • Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.

CONTIDOS BÁSICOS:

Primeiro seminario: Historia de Galicia I

27 de setembro de 16.30 a 18.00 h.

  • Concepto, cronoloxía, caracterización e problemas do Megalitismo en Galicia
  • Xacementos máis significativos do período megalítico galego
  • Ferramentas e utilidades na rede sobre os xacementos megalíticos da contorna

Sesión práctica:

  • Saída á Arca do Barbanza para poñer en valor e in situ os contidos teóricos

DOCENTE: Don Rubén Castro Redondo. Investigador en Historia Moderna na facultade de Xeografía e Historia da USC e do Programa Universitario de Maiores, IV CICLO da USC.

28 de setembro de 16.30 a 18.00 h. Visita guiada á Arca do Barbanza

 

Segundo seminario: O mundo artístico “A Música”.

3 de outubro de 16.30 a 18.00 h.

 

. A música ten moitas funcións e sen dúbida a educación coa música é unha delas, de aí a importancia de ofrecer un contido universitario que leve por título “Invitación a un concerto” :

  • Emoción, afectividade e música. Como afecta a música ao noso cerebro.
  • A construción musical como manifestación cultural artística: a música constrúe cultura e constrúe sociedade. Usos e funcións da música.
  • Periodización da Historia da Música Clásica en Occidente. Etapas e características.

Sesión práctica:

  • Sesión de audición da Real Filharmonía de Galicia (falta fixar data)

DOCENTES: Dona Silvana Longueira Matos,  Prof. da Facultade de Ciencias da Educación da USC

 

Terceiro seminario: O CAMBIO CLIMÁTICO, OU O QUE PODEMOS PERDER.

4 de outubro de 10.00 a 11.30 h.

  • Conceptos básicos sobre clima.
  • Coñecemento de organismos científicos autonómicos, nacionais e internacionais que traballan no cambio climático.
  • Análise das posibles repercusións do cambio climático na zoa e na súa biodiversidade.

DOCENTES: Don José Antonio Rodríguez Añón. Prof. Titular do Dpto de Física Aplicada da Facultade de Físicas da USC.

Don Xurxo Proupín Castiñeiras Prof. Titular do Dpto. de Física Aplicada da Facultade de Físicas da USC.

5 de outubro de 10.00 a 11.30 h. Visita guiada á EDAR do Xobre.

 

INFORMACIÓN: CASA DA CULTURA RAQUEL FERNÁNDEZ SOLER . 981 831545