Últimas Novas

Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 1 de abril

Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 1 de abril

A presente gráfica reflicte a evolución da pandemia no noso municipio, cos datos incluídos deste 1 de abril de 2021, a través de dous parámetros.

En verde, represéntase o número de casos nos últimos 14 días e a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: a media móbil. Esta última ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.

Observamos como nos últimos días se produce unha subida.

Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, sinala o límite dos 250 casos por cada 100 000 habitantes.