Últimas Novas

Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 8 de xuño

Gráfica coa evolución da pandemia na Pobra para este 8 de xuño

Gráfica respecto da evolución da pandemia no noso municipio para este 8 de xuño de 2021.

O parámetro de cor verde representa o número de casos nos últimos 14 días; mentres que a liña vermella curva traza a media dos casos dos últimos dez días: o que se chama a media móbil. Ten a utilidade de indicar mellor a tendencia que segue a pandemia, pois é menos sensible ás variacións bruscas que se poden dar dun día para outro pero que non se manteñen no tempo. Por este motivo, a súa forma é máis suave ca a do parámetro anteriormente mencionado, non crece de maneira tan acusada cando hai subidas bruscas, pero, en consecuencia, tamén se dobrega con máis dificultade.

Observamos como continúa o descenso.

Finalmente, a liña vermella máis grosa, a horizontal, representa o indicador dos 150 casos por cada 100 000 habitantes.