Últimas Novas

GUÍA DE LINGUAXE NON SEXISTA

GUÍA DE LINGUAXE NON SEXISTA

PORQUE O QUE NON SE NOMEA NON EXISTE

Este sábado día 26 de maio, e dentro das actividades programadas na Festa Feminista, terá lugar a presentación da Guía de Linguaxe non sexista, será no Auditorio Valle-Inclán ás 20:30 h.

A presentación correrá a cargo de Pilar Ponte Patiño, profesora de Lingua Galega do IES da Pobra do Caramiñal, e de María José Pérez Piñeiro, asesora xurídica á muller no Concello da Pobra. Tamén intervirá a concelleira de Igualdade da Pobra, Rosario Varela Fernández.

 

Versión PDF da guía pinchando no seguinte enlace:   Guía de linguaxe non sexista