Últimas Novas

HERDEIRAS

HERDEIRAS

A Concellería de Igualdade da Pobra do Caramiñal, con motivo do Día Internacional da Muller presenta no Teatro Elma o libro-cd da cantante Carmen Penim.
É un proxecto no que colaboran as herdeiras e herdeiros (fillas, fillos, netas e netos) das represaliadas na Guerra Civíl e posguerra. Así no libro-disco pódese escoitar a música de Carmen Penim, sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta.