Últimas Novas

I XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA DO CARAMIÑAL

I XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA DO CARAMIÑAL

O Concello da Pobra organiza as súas primeiras xornadas micolóxicas dende 24 ata 26 de novembro. Consistirán en tres actividades:

  • Unha charla: “Introdución aos fungos e a súa importancia nos ecosistemas”: impartirase o venres 24 ás 20.30 horas no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
  • Unha saída ao campo e identificación de exemplares coa Asociación Micolóxica Cogordos, no sábado 25 de 10.00 a 14.00 horas.
  • Un concurso de fotografía, aberto a participantes de tódalas idades.

Para a saída ao campo e para o concurso de fotografía é preciso inscribirse no seguinte enderezo de correo electrónico  medioambiente@apobra.gal indicando os datos persoais e a actividade na cal se quere participar.

Para consulta-las bases do concurso hai que premer na seguinte ligazón:      bases concurso fotografía