Últimas Novas

Ibuprofeno Teatro presenta “O furancho”, domingo 29 de setembro ás 20 h no Elma

Ibuprofeno Teatro presenta “O furancho”, domingo 29 de setembro ás 20 h no Elma

         Domingo, 29 de setembro de 2019, ás 20.00 h no teatro Elma. Entrada de balde

Organiza a Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal.

·        Creación e interpretación: MARIÁN BAÑOBRE e ISABEL RISCO

·        Texto e dirección escénica: SANTIAGO CORTEGOSO

Sempre na vangarda do deseño e as últimas tendencias, Marián Bañobre e Isabel Risco móstranno-la súa última creación, “O furancho”, unha nova aposta empresarial que cheira a éxito a pesar do ambiente hostil en que vivimos.

Sinopse:

No noso furancho pódese consumi-lo excedente de viño, que é sinónimo de humor, e gozar dun espazo de comuñón e de complicidade en que o público se empapa coa máis pura e sincera expresión da comedia hilarante.
E para quen non bebe alcohol en exceso, no noso balneario Furancho Vitivinícola Rosalía de Castro ofrécense tratamentos de beleza e saúde baseados na viñoterapia. O corpo humano é unha vide que se expande. Cada célula é unha uva que flúe no interior. Cruzámo-las sementes das variedades máis exquisitas para atopármo-la combinación perfecta que che proporcione relax e benestar. Todo iso sen produtos químicos nin sulfitos. Ecolóxico 100%.