II xornadas A Pobra do Caramiñal no Tempo: Historia e Patrimonio (28 e 29 de setembro)
A POBRA DO CARAMIÑAL NO TEMPO
II Xornadas de divulgación sobre a historia e cultura pobrense
28 e 29 de setembro de 2019
O ano pasado iniciamos unha actividade que, agardamos, teña unha longa vida. Referímonos ás xornadas de historia e cultura pobrense que baixo o título A Pobra do Caramiñal no Tempo chegan agora á súa segunda edición. Estas xornadas naceron co obxectivo de difundirmos, nun formato áxil e ameno, a historia e a cultura da nosa vila.
Seguindo coa liña da anterior edición presentaremos unha lámina feita expresamente para esta ocasión, encargada, neste caso, a Bernal Prieto, e que estará limitada a 140 exemplares, numerados e asinados polo autor, e coa cal serán agasalladas tódalas persoas asistentes ás xornadas.
E, por suposto, non faltará unha visita guiada por un aspecto do noso patrimonio cultural: neste caso visitarémo-los cruceiros máis antigos do noso concello.
Organiza: Concello da Pobra do Caramiñal
PROGRAMA
Sábado 28 de setembro de 2019
Auditorio do Museo Valle-Inclán, entrada libre ata completa-lo local
16.30 h
Inauguración das xornadas a cargo de Xosé Lois Piñeiro García, alcalde da Pobra do Caramiñal
16.45 h
Arqueología en el solitario eremitorio de San Xoán da Miserela. Ezequiel Lago Mallo
17.25 h
A terra na lingua: topónimos do Barbanza e máis alá. Paulo Martínez Lema
18.15 h
Descanso
18.45 h
Folgoso Vello no pasado (non tan) distante. Ramón Fábregas Valcarce
19.35 h
Algúns aspectos sobre a técnica construtiva dos cruceiros nos séculos XVI e XVII: os cruceiros de zuncho. Obra atribuíbel na Pobra do Caramiñal ó escultor Juan de Santiago. Juan Cabeza Quiles
20.25 h
Presentación da ilustración expresamente feita para estas xornadas por Bernal Prieto. Esta 1.ª edición estará limitada a 140 exemplares numerados e asinados polo autor, e serán repartidos gratuitamente entre as persoas asistentes.
Patricia Lojo, concelleira da Cultura da Pobra do Caramiñal
20.45 h
Presentación da web A Pobra do Caramiñal no Tempo
Domingo 29 de setembro de 2019
De 10.00 a 13.00 h
Visita guiada polos cruceiros antigos da Pobra do Caramiñal: séculos XVI e XVII
A cargo de Juan Cabeza Quiles
Inscrición previa para a visita guiada: na casa da cultura Raquel Fernández Soler ou no enderezo de correo el. culturapobra@gmail.com
O lugar de partida da visita guiada será no porto da Pobra do Caramiñal, ó lado do aparcadoiro á altura do edificio do mercado municipal.