Últimas Novas

III XORNADAS DE DIVULGACIÓN DA CIENCIA “MULLER E CIENCIA”

III XORNADAS DE DIVULGACIÓN DA CIENCIA “MULLER E CIENCIA”

Os próximos 17 e 18 de novembro terán lugar a partir das 18.00 h as III Xornadas de Muller e Ciencia, no Auditorio do Museo Valle-Inclán.

Expertas na ciencia contarannos temas de moito interese, mulleres de recoñecida traxectoria profesional:

CARMELA VALIÑO VÁZQUEZ. Licenciada en Bioloxía pola USC. Socia fundadora de Milhulloa S. Coop. Galega e Muuhlloa Cosméstica SL.

“Da terra ao laboratorio. 5 mulleres=3 proxectos”

ANA JESÚS LÓPEZ DÍAZ. Doutora en Física pola USC, profesora titular de universidade na área da Enxeñaría Mecánica. Presidenta da AMIT-Gal. Directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da Universidade da Coruña.

“O láser aplicado á conservación do patrimonio”

MARIA ROSA MOSQUERA LOSADA.Doutora en Ciencias Biolóxicas. Profesora titular da universidade, Dpto. de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría. Presidenta da EURAF e da  Asociación Española de Sistemas Agroforestais. Coordinadora de Global Research Alliance.

“Os sistemas agroforestais e a prevención de incendios: xestionando o territorio mediante a mitigación e adaptación ao cambio climático.”

RAQUEL BARBOSA LORENZO.Médica especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública no hospital Lucus Augusti.

“Radon e os seus efectos sobre a saúde”

ENTRADA DE BALDE. DIRIXIDO A TODA A CIDADANÍA