Últimas Novas

Información de interese relativa á cribaxe

Información de interese relativa á cribaxe

Esta cribaxe masiva faise para detectar casos que poidan non coñecerse a través das probas que se lles fan aos contactos directos. Non é necesario que sexa exhaustiva, non pasa nada se quedan algunhas persoas fóra. Vanse obter datos suficientes para planificar, se fose necesario, outras cribaxes máis concretas nas cales si é de interese chegar a tódalas persoas a quen poidan ir dirixidas. Polo tanto, tranquilidade se, aínda estando dentro da franxa de idade de 25 a 65 anos, non se nos convoca. A cita faise con base nos datos da tarxeta sanitaria e dirixida ao teléfono que figura nela.

Deixámo-la resposta a algunhas das dúbidas que máis se repiten nestes días con relación á cribaxe.

  1. As persoas que non poidan asistir a realizala, polo motivo que fose, non teñen que comunicalo.
  2. Aquela cidadanía á cal se lle practicou a PCR, cando se efectuou a convocatoria por rúas, e que reciba novamente o aviso, pódea volver facer se así o desexar. Unha PCR negativa feita hai poucos días pódese volver positiva sen que se establezan contactos posteriores.
  3. As persoas de concellos limítrofes que estean a recibi-la cita para a realización das PCR pódena facer igualmente aínda que non residan na Pobra. No Sergas xa consta o municipio a que pertencen.
  4. Respecto da veciñanza que se sitúe na franxa de idade en que se está efectuando a cribaxe e non recibise a notificación: aínda se está a tempo de que lle chegue ao móbil.
  5. Non se ampliará a franxa de idade por ningún motivo.