Últimas Novas

Instalado mobiliario infantil no patio de xogos da escola do Vilariño

Instalado mobiliario infantil no patio de xogos da escola do Vilariño

30 Outubro, 2020

A Concellaría da Educación da Pobra do Caramiñal comunica que se acaban de incorporar ao patio de xogos da escola do Vilariño, no Maño, un tobogán, un balancín e unha casiña-tenda para o uso e desfrute das crianzas.

O dito mobiliario foi adquirido a Mobipark por un importe de 4845’45 euros, IVE incluído, e operarios municipais procederon á súa colocación.

Esta actuación complementa o arranxo do patio, iniciado coa instalación de caucho no chan, que xa se efectuou no pasado ano.