Últimas Novas

Lembramos documentación e anexos para a presentación de solicitudes do PEL-Reactiva na Pobra

Lembramos documentación e anexos para a presentación de solicitudes do PEL-Reactiva na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal mantén aberto dende o día 11 e ata o 25 de novembro o prazo de presentación de solicitudes ao PEL-Reactiva, impulsado pola Deputación da Coruña.

A contía asignada pola institución provincial é de 126 129’63 euros e o Concello debía achegar un mínimo de 31 532’41 euros adicionais procedentes dos seus recursos propios, mais decidiuse que a achega municipal sexa de 373 870’37 euros -con cargo ao remanente de 2019-, que se sumarán aos proporcionados pola Deputación, redundando en ao redor de 500 000 euros.

A tramitación realizarase de maneira telemática mediante a sede electrónica do Concello, dentro do apartado de ‘Trámites destacados’, onde figuran os anexos e a documentación que resulta preciso presentar. En consecuencia, póñense ao dispor da cidadanía dúas persoas técnicas da área do Desenvolvemento Local.

A seguir, os anexos I e II e documentación que cómpre presentar, ademais das bases -tanto da Deputación coma do Concello-.