Últimas Novas

MALASOMBRA   “D.E.P. Unha comedia de morte”

MALASOMBRA “D.E.P. Unha comedia de morte”

DOMINGOS DE TEATRO

Domingo 25 de novembro, ás 19.00 h. no teatro Elma.

Director: Marcos Orsi

Elenco: Jouse García, Patricia Rodríguez e Xoque Carbajal

Unha nai xa con demasiados anos,  unha embolia, unha gripe e moi poucas ganas de morrer; un fillo próximo aos 50 cunha muller posesiva e medio calva, unha empresa que se afunde e unha xubilación que se afasta; outro fillo de 42 anos que a coida, báñaa, peitéaa e case a mata; unha “Testemuña de Xehová” que os visita cada mércores; moitos cadernos e poucos aforros; unha casa que hai que vender ” pero, xa! “; e unha noite interminable repleta de segredos inconfesables que acaban saíndo á luz e provocan a confesión máis crúa da función.

Entrada de balde.

Organiza a Concellaría de Cultura da Pobra do Caramiñal en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña.