Últimas Novas

Mantense o nivel de restrición máxima na Pobra

Mantense o nivel de restrición máxima na Pobra

Cómpre lembrar que a partir das 00.00 horas deste 23 de abril de 2021 terán eficacia as medidas actualizadas con relación á situación epidemiolóxica derivada da COVID-19.

A Pobra do Caramiñal mantense no nivel de restrición máxima.

Peche perimetral individual do municipio.

Hostalaría e restauración pechados ao público. Permítese a entrega no domicilio ata as 24.00 horas e a recollida no local para o consumo no domicilio ata as 22.30 horas.

Límite nos establecementos retallistas e de actividades de servizos profesionais ao 50% da súa capacidade. O horario de peche será o que teñan fixado, de acordo coa normativa vixente.

Limítanse os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento de carácter familiar ou social na vía pública, espazos de uso público ou espazos privados, só a persoas conviventes. Non será aplicable esta limitación no caso de actividades laborais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento.

Limitación da mobilidade nocturna no período comprendido entre as 23.00 e as 06.00 horas.

Páxina web sobre datos do coronavirus: https://coronavirus.sergas.gal/datos/#/gl-ES/galicia

Máis información sobre as medidas que comprende este nivel de restrición: https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Nivel-Restricion-Maxima

Ligazón ao Diario Oficial de Galicia (DOG) correspondente: https://www.xunta.gal/diario-oficial-galicia/mostrarContenido.do?paginaCompleta=false&idEstado=5&rutaRelativa=true&ruta=/excepcional/2021/20210421/2622/Secciones1_gl.html