Últimas Novas

Maul e Pita inauguran as sesións do festival Atlántica configuradas para A Pobra

Maul e Pita inauguran as sesións do festival Atlántica configuradas para A Pobra

1 Xullo, 2022

As funcións programadas para A Pobra do Caramiñal ao abeiro do festival internacional de narración oral Atlántica comezan nesta mesma fin de semana co apartado dirixido a público infantil e familiar.

Charo Pita e Sofia Maul levarán á alameda a sesión Dragoeiros e biosbardos no 2 de xullo, ás 11.30 horas. Trátase dun espectáculo a dúas voces no que ámbalas contadoras compartirán historias dos seus respectivos lugares de procedencia. Ademais, é unha oportunidade para coñece-la tradición oral lusófona da man de Maul, quen adoita incluír no seu repertorio historias de Madeira que reflicten a idiosincrasia da súa illa natal.

A entrada é de balde e conta coa colaboración da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). Máis información na páxina web www.festivalatlantica.gal.