Últimas Novas

CONCELLARÍA DO MEDIO AMBIENTE E BENESTAR ANIMAL:

As accións destinadas á protección do medio ambiente non só producen efectos positivos sobre a conservación da biodiversidade e os recursos naturais, senón que están intimamente relacionadas coa consecución dunha maior calidade de vida das persoas.

É de vital importancia desenvolver políticas destinadas a acada-las mellores condicións neste eido, traballando para evitar tódalas formas de deterioración medioambiental. Para conseguilo, tamén é imprescindíbel a concienciación social, informando a veciñanza para formar unha sociedade máis respectuosa co patrimonio natural e comprometida coa súa conservación e unha sociedade activa e transformadora, consciente e participativa nos procesos de decisión que a afectan.

Unha cidadanía respectuosa co seu medio non pode esquece-lo benestar dos animais. O Concello regulará a convivencia cos animais e unha tenza responsábel na procura dunha relación máis ética. Conseguir unha integración máis xusta dos animais na vida e nos espazos públicos será un labor conxunto, de todas e todos. É necesario levar a cabo campañas de sensibilización en colaboración coas asociacións animalistas para avanzarmos na construción dunha sociedade máis concienciada sobre as necesidades dos animais.


CAMPAÑA DE NOVEMBRO DE 2016:

Comezámo-la nosa campaña enfocada a concienciar sobre a importancia de esteriliza-los nosos animais. Con isto non só nos beneficiámo-las persoas, senón que tamén os beneficiamos a eles.

  • BENEFICIOS DE ESTERILIZAR

-Prevención en femias:

Infección bacteriana de útero
Quistes e tumores ováricos
Tumores mamarios
Transmisión de leucemia e inmunodeficiencia en gatas
Evita fugas e embarazos non desexados
Evita maos olores e secreción sanguinolenta durante o celo

– Prevención en machos:

Tumores prostáticos e prostatites
Tumores testiculares
Tumores anais
Transmisión de leucemia e inmunodeficiencia en gatos
Evita fugas e pelexas
Evita comportamentos non desexados e perigosos (marca de territorio, agresividade etc.)

  • CONTROL DA POBOACIÓN

Evita os embarazos non desexados e que a descendencia teña un futuro incerto. Reduce o número de animais abandonados.

  • MELLORA DO COMPORTAMENTO

Elimina a aparición do celo cada seis meses. O celo dunha femia pode provocar pelexas entre os machos, a fuga do animal -que pode derivar en perda, atropelo etc.- e as molestias (para as persoas propietarias) da secreción sanguinolenta das cadelas. Desaparecen as marcaxes e os comportamentos ás veces agresivos nos machos. Os animais esterilizados centran a súa atención na familia e son máis dóciles.

Se tes dúbidas, podes chamar ó 881 163 821.

Hospital Veterinario Ramiro Tubío
Goberno da Pobra do Caramiñal 2015/2019
VoxÁnima, Asociación Animalista

14566306_361546690902253_2327928905177208606_o14566351_361546577568931_5847092592920637465_o14500479_361568267566762_8245082751508555610_o

sin-titulo-1


Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sostíbel do Concello da Pobra do Caramiñal:


Clasificación sanitaria final na tempada de 2020 das zonas de baño do municipio: