Últimas Novas

“Memorias da árbore da noite triste”, obra sobre Valle-Inclán, domingo 3 de novembro ás 20 h no Elma

“Memorias da árbore da noite triste”, obra sobre Valle-Inclán, domingo 3 de novembro ás 20 h no Elma

    Neste domingo, 3 de novembro de 2019, ás 20 h no teatro Elma, a compañía teatral Tatana representaranos Memorias da árbore da noite triste (obra escrita e mais dirixida pola actriz e directora teatral Fátima Rey) no seo das XXI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán que se están a realizar na Pobra do Caramiñal nestas semanas.

Don Ramón del Valle-Inclán agoniza nun dos cuartos do sanatorio de Villar Iglesias en Santiago de Compostela. É o día 5 de xaneiro de 1936. Nestas horas derradeiras xorden diante da súa figura protagonistas da súa vida –familia e amizades– mais tamén personaxes das súas obras. Todas elas dialogan nun mundo mesturado de vida real e ficción.

Velaquí o inicio desta peza teatral. O resto verémolo domingo ás 20 h !

Entrada gratuíta ata se enche-la cabida do local