Últimas Novas

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, II visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, II visita virtual diaria: “QUEDA NA CASA” vendo o teu museo!

COMO VIAXAR SEN SAÍR DA CASA

VISITA VIRTUAL Ó MUSEO VALLE-INCLÁN   

            Nesta segunda xeira do noso ciclo de visitas virtuais ó Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, presentámosvo-lo retrato que Siro realizou do noso ilustre escritor.

Lembrade que tódolos días teredes unha visita virtual guiada a este voso museo, sempre QUEDANDO NA CASA!

Peza do día 19 de marzo de 2020

VALLE-INCLÁN: retratos, caricaturas e visións

Serie plástica creada por Siro

Retrato XII

Témpera sobre papel

Siro [Siro López]

2007

Orixinal

Museo Valle-Inclán (A Pobra do Caramiñal)


Que é a arte? O supremo xogo. En canto a arte propón para si fins utilitarios inmediatos, prácticos, en fin, perde a súa excelencia. A arte é un xogo e as súas normas están ditadas polo numérico capricho, no cal reside a súa graza peculiar. Catorce versos din que é soneto, e a arte, polo tanto, forma.

(Valle-Inclán, rev. La Internacional, 1920)

(Cita literal orixinal castelá)

¿Qué es el arte? El supremo juego. En cuanto el arte se propone fines utilitarios inmediatos, prácticos, en fin, pierde su excelencia. El arte es un juego y sus normas están dictadas por el numérico capricho, en el cual reside su gracia peculiar. Catorce versos dicen que es soneto, y el arte, por lo tanto, forma.

(Valle-Inclán, rev. La Internacional, 1920)